Francisco Valiña Rodríguez, xovén artesán establécese en Arteixo, despois da súa ausencia debida o seu traballo de tallista de mármore en terras almerienses onde chega para mellorar os seus coñecementos no mundo da ornamentación, aprendendo técnicas de tallas, volumen e as cualidades dos materiais.
Tras 14 anos adicado o mundo da talla en pedra, funda xunto ós seus irmáns o obradoiro A GROBA TALLER DE CANTERÍA inscrita co número 537 no Rexistro de Artesanía dende o 2.003, co fin de levar a cabo a innovación do sector artesanal da pedra no seu obradoiro, mantendo a larga tradición artesanal de Galicia e incluíndo a innovación dos procesos de elaboración e desbaste da pedra como medida para unha maior e mellor competitividade no mundo da ornamentación feita en pedra.
A utilización dos tradicionais punteiros, ciceis e martelos son indiscutibles para acadar a textura tradicional da cultura da pedra en Galicia, pero tamén os tempos e os avances nos procesos produtivos, nalgunhas actividades artesanais, facilitan a innovación, modernización e competitividade no sector.
Polo anteriormente mencionado decidimos unirnos para a renovación do noso obradoiro ofrecendo deseño, ornamentación e modernización, mantendo en todo momento os valores tradicionais galegos e ofrecendo os nosos clientes traballos personalizados e o seu gusto.
Achéguennos os seus bocetos ou ideas é nos intentaremos facelas realidade.
O noso orgullo é que vostede se sinta satisfeito do traballo
|
|
|